Actualidade

El Campus Industrial de Ferrol abre el plazo para solicitar plaza en la segunda edición del Campamento Tecnológico de Verano do 2024

26/04/2024

 

O  Campamento Volemos!, organizado polo Campus Industrial de Ferrol conta nesta edición con 60 prazas para niñ@s de entre 6 e 16 anos e desenvolverase do 24 oa 28 de xuño en horario de 9:00h a 14:00h. O prazo de inscrición para o envío de solicitudes permanecerá aberto desde o mércores 1 de maio ata o  29 de maio de 2024.

 

Ademais do campamento, as familias que o necesiten poderán solicitar o servizo de madrugadores e/o comedor. 

 

Coa axuda e baixo a supervisión do alumnado e profesorado da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF) no Campamento Voemos!, as nenas e nenos cada día mergullaranse en diferentes aspectos da enxeñería, aprendendo desde os conceptos básicos ata teorías máis avanzadas, sempre desde un punto de vista lúdido e práctico.

 

Os talleres abarcarán diversas etapas do proceso de deseño de construción, permitindo aos niñ@s explorar a súa creatividade e habilidades técnicas, desde a concepción ata a fabricación de modelos e proba, experimentarán de primeira man cada fase do desenvolvemento de prototipos, ademais de fomentar o espírito inquieto e o traballo en equipo e mostrarlles como todas as diferentes ramas dentro das carreiras tecnolóxicas conviven entre elas no mundo real.

 

Para máis información e inscrición pica aquí.